Helado de luna

Portada do libro "Helado de Luna".

Sinopse

Unha tarde de verán, o Pallaso Jorgito e a súa cadeliña Violeta acoden ao bosque próximo da súa casa para procurar amorodos e, de paso, ensaiar reviravoltas. Entre xiros e pinchacarneiros, extraviaron o seu nariz entre as silvas e non o puideron atopar. Puxéronse daquela a probar narices de reposto até que o cansazo os derrotou. Deciden daquela durmir baixo unha árbore centenaria. Todo se complica cando os animais do bosque se reúnen ao seu redor.

Editorial: Leviatán
ISBN: 978-987-8381-14-5
Ilustracións: Carmen Domech