Escrita e dirixida por Jorge Rey e interpretada pola compañía galega A Internacional, esta peza mestura o mito de Prometeo coa figura de Perón e fai unha revisión politico-social da vida da Arxentina dos últimos vinte anos. Este espectáculo sérvese das figuras de Perón e Evita para falar do sentir do pobo arxentino nunha época determinante para a súa historia: Perón-Perón non parte dun texto pechado, senón que é unha montaxe que se iniciou cunha dramaturxia aberta, á que se lle foi dando forma durante todo o proceso de ensaios. E aínda que parta de dúas figuras históricas moi concretas, non só é un repaso á política de Arxentina senón unha sucesión de sentimentos e sensacións universais coma a soidade na emigración ou o amor.
Ficha técnica
Dirección: Jorge Rey
Elenco: Carlos Clemente, Mario Tomás López, Alfredo Padilla, Manuela Varela
Escenografía: Carmen Domech
Iluminación: Eduardo Alonso
Música orixinal: Alfredo Padilla
Texto: Jorge Rey
Vestiario: Cloti Vaello