Hamlet

Momento do espectáculo "Hamlet".
Cartel de "Hamlet".
Cartel de “Hamlet”.

Un traballo de investigación e laboratorio teatral sobre o lendario texto de Shakespeare, o único limite e marco fixo é o propio texto do autor, onde o actor investiga e explora as posibilidades desestruturando a orde orixinal da fábula.

A proposta escénica é de investigación permanente, sobre o texto a historia e as súas posibilidades, en determinado momento deste proceso o mesmo ábrese á mirada do espectador a partir dunha estrea en funcións, pero a intención é que o traballo de investigación siga discorrendo a través das representacións ante público. As funcións realizarase en inglés orixinal ou en Galego coa tradución do escritor Alfredo Conde (Premio Nacional de Literatura e Premio Nadal).

Ficha técnica

Actor: Alfredo Padilla
Director: Jorge Rey
Axudante de dirección: Josito Porto
Vestiario: Cloti Vaello
Música: Ale Casquero
English coaching: Raul Villares Arte
Foto: Roberto Furmanski
Produción: Fran Sanz