Frida

Momento do espectáculo "Frida".

Frida é a historia dunha muller pioneira, loitadora, comprometida coa sociedade da súa época. Unha pintora cunha sensibilidade inquietante que utilizou a creación artística como ferramenta para transformar o sufrimento e a dor que padeceu en beleza.

Frida hoxe vén a despedirse cun sorriso traxicómico, cun xesto indescifrable que leva a felicidade e a dor a un mesmo tempo. A súa derradeira ferida vai cicatrizar na casa azul, onde nace e remata esta historia.

Ficha técnica

Dirección: Jorge Rey
Elenco: Alfredo Padilla, Manuela Varela
Escenografía: Daniel Casquero e Jorge Rey
Texto Orixinal: Jorge Rey
Vestiario: Cloti Vaello
Iluminación: Daniel Casquero e Jorge Rey