Dinosaurios

Momento do espectáculo Xurásico Perdido.

O famoso arqueólogo Florentino Amechuino descubre a Dino, un dinosaurio do Xurásico moi peculiar que se mantivo oculto aos ollos do mundo a través dun curioso dispositivo evolutivo antropolóxico.

Ante o asombro de Florentino, Dino revive e o transporta a un mundo fascinante. Un espectáculo único con música en directo. Unha comedia de leas e misterio espectacular, recoñecida co Premio do público ao mellor espectáculo infantil Galicreques 2021.

Ficha técnica

Idades recomendadas: a partir de 3 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: variñas, monicreques
Idioma: galego