
Espectáculo da compañía Títeres Alakrán
Desconexión é unha distopía que aborda a dependencia de estar conectados sobre a que se constrúen neste tempo as nosas vidas. Pon de manifesto a necesidade -especialmente na infancia- de conectar co real: coa contorna, co humano, e cos sentidos que van máis aló de experiencias visuais e auditivas.
Carmela debe realizar un traballo sobre a tradición castrexa e as mouras para a escola. A súa familia resolve todas as súas actividades coa tecnoloxía: as relacións, a alimentación, o estudo… Porque o seu lema é “unha vida tecnolóxica é unha vida ordeada”.
A inesperada chegada do avó Eldemiro á casa, abrirá unha xanela a Carmela para descubrir en primeira persoa a lenda mitolóxica da moura, e reconectará toda a familia co mundo real, un mundo que xa lles era totalmente alleo.
Ficha técnica
Dirección: Jorge Rey e Manuel Mansilla
Interpretación: Borja Insua e Alba Grande
Escenografía e monicreques: Borja Insua
Composición musical: Luis Iglesias
Voz en off: Isabel García
Texto orixinal: Borja Insua
Dramaturxia: creación colectiva