Da avaricia, a luxuria e a morte

Escena de "Da avaricia, a luxuria e a morte".

Espectáculo de Teatro do Noroeste

Deseño de monicreques: Jorge Rey

De xeito inmenso, certeiro e maxistral, Valle-Inclán trenza nas tres obras que configuran este espectáculo os dous únicos motores que moven o mundo humano, a avaricia e a luxuria co seu inevitable tránsito final: a morte.

Da singular e poética; “Ligazón” (auto para siluetas), lívida como o vento, pasando pola americana e patriótica “A cabeza do Bautista” (melodrama para marionetas), tallada en terra, até a espectral e contundente “A rosa de papel” (novela macabra), fraguada no lume, todas elas expresadas nunha tradución que é reposición con aceno de canónica.