
Érase un barrio de pisos altos. Un barrio de xente que traballa. Un barrio de rúas anchas, con poucos coches, con nenos xogando, con nais e pais que se asoman ás fiestras para chamalos.
Dous amigos, Cucho e Coco, están a argallar na rúa. Cucho está moi contento porque xa ten seis anos e pensa que iso é moito, así que quere celebralo, pero o seu amigo Coco está convencido de que non é certo: seis é pouco. Así que agora están ante un dilema, un dilema “de maiores”: seis… é moito ou é pouco? Só poden facer unha cousa: comezar a investigar e preguntarlles ás persoas máis intelixentes do barrio para descubrir a resposta, pero todas son contraditorias. Cando cren que teñen resolto o dilema, unha nova información lévaos de novo ao comezo da súa investigación. Seguirán adiante ata conseguir resolver o Dilema do Seis?
Ficha técnica
Dirección: Jorge Rey
Escenografía: Cristina Fernández
Manipuladores: Manuela Varela, Alfredo Padilla
Vestiario: Carmen Domech
Texto: Celestino Antelo