Brancaneves e os 7

Momento do espectáculo.

Recreación da historia de Brancaneves con teatro e marionetas de mesa talladas en madeira.

A historia desenvólvese ao redor dunha gran lareira na que un vello rei lembra as aventuras da súa pequena filla Brancaneves e os encontros que ela tivo cos misteriosos sete personaxes do bosque.

Ficha técnica

Nome da compañía: Larei Lará
Idades recomendadas: a partir de 2 anos
Duración: 50 minutos
Técnica: monicreques de mesa e actor
Idioma: galego